Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os cabalos son os protagonistas nunha nova edición de Equigal en Lugo

Os cabalos son os protagonistas nunha nova edición de Equigal en Lugo

O concurso nacional de saltos desenvólvese toda a fin de semana

Haberá competicións e actividades ata o 12 de maio

G24.gal 03/05/2024 18:21 Última actualización 03/05/2024 18:56

Os máis cativos foron este venres os protagonistas co concurso de saltos. Levan competindo dende os seis anos e lembran que as probas son só uns minutos mentres que o coidado e coñecemento dos cabalos é un traballo diario e constante. Acadar a compenetración co animal é a clave neste deporte.

Cada vez hai máis rapazas que escollen a equitación como deporte e nos últimos anos xa se crearon en Galicia catro clubs. A competición é importante pero tamén o é a disciplina e o amor polos animais que se adquire con calquera modalidade hípica.

O concurso de saltos vai continuar toda a fin de semana pero ata o día 12 haberá máis actividades como os bautizos ecuestres ou os concursos morfolóxicos. E é que Equigal xa se converteu en todo un referente do mundo hípico.

Dende a organización confían en superar os 8.000 visitantes que se rexistraron o pasado ano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade