Os Bonos Cultura da Xunta esgótanse en menos de 24 horas
Os Bonos Cultura da Xunta esgótanse en menos de 24 horas
Consulta os establecementos adheridos aquí
A Consellería de Cultura anunciaba na súa conta de Twitter que os Bonos Cultura, que se lanzaron hoxe, esgotáronse en menos de 24 horas.
ℹ️ O #BonoCultura esgótase en menos de 24 horas. O único xeito de apoiar a #cultura é gozala e Galicia quere facelo nun outono cultural de descontos
— Cultura de Galicia (@CulturaXunta) November 1, 2021
Xa podedes utilizalo, ata o 31 de decembro, nos máis de 400 establecementos adheridos#gozaacultura pic.twitter.com/AWFpUbFsgD
O bono é un incentivo posto en marcha para promover o consumo de cultura. Os seus usuarios gozarán dun desconto do 50 % de 50 euros nestes produtos ata o 31 de decembro.
Libros, entradas para salas de concertos, teatros, museos... Unha ampla variedade de establecementos adheríronse a esta iniciativa para incentivar o consumo.