Cargando resultados...
Os bombeiros sufocan un incendio en cinco colectores en Oia
Foi un veciño, que circulaba polo lugar co seu coche, o que alertou ao 112

G24.gal
25/11/2021 08:46
Un incendio arrasou cinco colectores no concello pontevedrés de Oia. Foi un veciño, que circulaba polo lugar co seu coche, o que alertou ao 112 pouco antes da medianoite.
O home apartou outros colectores e evitou que tamén se queimasen. O lume arrasou dous colectores de papel e tres de residuos sólidos.
Ata o lugar acudiu o GES da Guarda, que sufocou as lapas e evitou que o lume se propagase a un predio lindeiro. A Garda Civil tamén se desprazou ata a zona.