Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os bombeiros forestais de Castela e León piden a dimisión do conselleiro de Ambiente

Os bombeiros forestais de Castela e León piden a dimisión do conselleiro de Ambiente

Responsabilizan a Junta das graves consecuencias do incendio na Serra da Culebra

G24.gal 22/06/2022 20:40

Protesta no exterior das Cortes de Castela e León contra o operativo de incendios do Goberno autonómico. Medio milleiro de persoas, a maioría bombeiros forestais e axentes ambientais reclamaron a dimisión do conselleiro de Medio Ambiente.

Din que o sucedido na serra da Culebra é o resultado dunha xestión nefasta da administración rexional que non activa o operativo contra o lume ata o mes de xullo.

Mentres se desenvolvía a protesta no interior das Cortes, PP e Vox rexeitaban unha moción da oposición socialista na que se pedía que ese operativo funcione durante todo o ano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade