Cargando resultados...
Os bombeiros de Vigo rescatan unha anciá que caera no seu domicilio
A muller, de 80 anos, tiña unha madeira atravesándolle a perna
G24.gal
15/05/2023 14:01
Última actualización 15/05/2023 14:30
Foi na tarde do domingo cando unha prima da anciá deu a voz de alarma á policía. Ao ver que non respondía e que tiña a porta pechada, os bombeiros accederon ao piso, no 101 da rúa Pi i Margall.
A muller estaba tirada no chan, sen forzas e cun anaco de madeira atravesado na perna. Sospeitan que subiu a unha cadeira e caeu, cravando un saínte da pata da cama.
Unha ambulancia atendeuna in situ para quitarlle o obxecto e levouna ao Álvaro Cunqueiro onde permanece hospitalizada.
Tamén en Vigo, nas últimas horas, unha muller de 83 anos apareceu morta no seu domicilio da rúa Oliveira. Os veciños avisaron a policía despois de ver como se lle acumulaba na porta o pan de varios días.