Cargando resultados...
Os bombeiros apagan un incendio orixinado nun rocho na Coruña

G24.gal
21/07/2022 17:02
Un incendio que se declarou nun rocho mobilizou os bombeiros da Coruña á primeira hora da mañá.
Foi un particular o que alertou os servizos de emerxencia e, aínda que non hai que lamentar danos maiores, o traballo dos tres equipos de extinción que se desprazaron ata a zona non foi doado
O lume comezou nun rocho situado no andar menos dous, o que dificultou o acceso dos bombeiros pola intensa fumareda que provocou, afectando sobre todo os ascensores e o garaxe. As causas aínda están sen determinar.