Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os Bolechas van de xira este Nadal co Crebanoces

Os Bolechas van de xira este Nadal co Crebanoces

Visitarán Santa Comba, Vimianzo, Abadín, Verín, Viana do Bolo, Negreira, Trazo e As Pontes 

Un espectáculo para fomentar a ilusión e o uso do galego entre a rapazada

 

 

 

G24.gal 13/12/2021 14:54

Un ano máis, e van 10, os Bolechas percorren Galicia polo Nadal. E desta volta teñen un convidado alemán, o Crebanoces. Xuntos aprenderán o valor de coidar dos dentes, e tamén da lingua, a galega. 

 "Eu aprendin moitos idiomas porque viaxo moito polo mundo, e o que máis me gusta é o galego" explica o Crebanoces.

Pola súa banda, Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística, anima as familias para que leven os nenos ao espectáculo "que se fará en concellos da nosa rede de normalización lingüística: Santa Comba, Vimianzo, Abadin, Verín, Viana do Bolo, Negreira, Trazo e as Pontes".

Este espectáculo familiar é xa un clásico do Nadal. Tamén dos nadais de pandemia, porque a Braulio, a Sonia, a Tatá ou a Chispa non hai quen os pare.

 "Grazas por estar nos momentos duros, cando fan falta as persoas. Seguimos e seguiremos o ano que vén, con toda a cativada, que é a que nos motiva", di Xaime Arias, director de Proxección Social da TVG.

A xira comeza este sábado en Vimianzo e remata o 4 de xaneiro nas Pontes. As entradas son de balde ata completar ocupación e a diversión está asegurada... "Bo Nadal e coidado cando comades noces" conclúe o Crebanoces.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar