Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os armadores piden axudas para despezar os barcos que non son rendibles

Os armadores piden axudas para despezar os barcos que non son rendibles

Piden que os fondos pesqueiros FEMPA destinen unha partida ao despezamento 

Solicitan tamén que eses barcos poidan vender a súa cota á frota en activo

 

G24.gal 12/08/2022 15:04 Última actualización 12/08/2022 15:45

A patronal pesqueira quere axudas para desmantelar aqueles barcos que xa non lles son rendibles. A suba dos custos, as novas restricións pesqueiras ou a falta de remuda son algúns dos motivos que os levan a unha decisión que cualifican de "dura pero necesaria".

"Seremos menos pero máis rendibles e teremos máis oportunidades. É unha reestruturación moi necesaria, cómpre que se habiliten axudas para a paralización definitiva da actividade, o que chamamos vulgarmente despezamentos", explica Basilio Otero, o presidente de Cepesca.

Calculan que en Galicia estarían nesta situación uns 150 barcos de diferentes tamaños, 22 son da cooperativa ARVI. Piden que se activen axudas para desartellalos nos vindeiros fondos europeos FEMPA, dotados con 1.100 millóns para España.

"Se hai axudas comunitarias con fondos estruturais retiraremos unha porcentaxe de barcos e desa forma trataremos de seguir adiante, dispoñendo de máis tripulación para os barcos que queden activos", engade Hugo González, o xerente adxunto da cooperativa de armadores de Vigo, ARVI.

Ademais solicitan que a futura lei de pesca sostible permita que os barcos que reciban estas axudas poidan vender os dereitos de pesca a outros barcos en vez de ter que transferirllos á Administración.

"O armador que teña a desgraza de ter que despezar o barco, que poda vender ou reasignar a outros barcos propios ou doutras asociacións eses dereitos", demanda Hugo González, de ARVI.

Din que as axudas europeas se destinarían aos armadores e tamén aos traballadores que puideran perder o emprego como consecuencia do reaxustamento na frota.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade