Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os alumnos da ESO repetirán coas matemáticas e as linguas suspensas en Galicia

Os alumnos da ESO repetirán coas matemáticas e as linguas suspensas en Galicia

Esixirase unha media de cinco e as materias pendentes limitaranse ás de menos carga lectiva

G24.gal 12/05/2022 14:33

O próximo curso escolar estará marcado pola aplicación da nova lei de educación, un marco normativo que dá marxe ás comunidades para fixar criterios. Galicia marca diferenzas e obrigará a repetir curso os alumnos da ESO que teñan as matemáticas e as linguas suspensas.

A avaliación será competencia do equipo docente cuns criterios marcados.

O alumno deberá ter unha media de cinco e as materias pendentes non poderán sumar máis de dez clases semanais, é dicir, limitaranse a aquelas disciplinas con menos carga lectiva. Galicia sitúase así entre as comunidades máis esixentes para pasar de curso, xunto con Murcia e Madrid.

Os sindicatos din que a repetición debería ser unha medida excepcional, do propio equipo docente. O novo currículo da ESO reforzará as matemáticas e as linguas, con máis horas lectivas, e apostará ademais pola educación dixital.

O texto deberá pasar agora polo debate na mesa sectorial e no consello escolar. Os cambios entrarán en vigor o próximo curso nos niveis impares de cada etapa educativa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade