Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os accionistas do Deportivo aproban a saída do concurso de acredores

Os accionistas do Deportivo aproban a saída do concurso de acredores

O consello de administración pedirá outro crédito de 17 millóns a Abanca

G24.gal 20/12/2023 11:44 Última actualización 20/12/2023 12:15

A xunta xeral de accionistas do R. C. Deportivo deu luz verde este martes á saída do concurso de acredores coa aprobación dun crédito por valor de ata 17 millóns de euros solicitado ao seu máximo accionista, a entidade financeira Abanca.

“Camiñamos con paso firme para sentar unhas bases sólidas coas que poder traballar con tranquilidade. Os investimentos que estamos a realizar tamén son unha boa noticia porque nos axudarán a crecer”, afirmou durante o seu discurso o presidente da entidade branca e azul, Álvaro García Diéguez.

O presidente do Dépor celebrou o dar “un paso enorme” para saír “definitivamente” do concurso de acredores ao acabar a presente tempada, e lembrou que o club ten “o apoio total” do seu principal accionista.

A asemblea tamén aprobou a prórroga por dous anos máis, ata 2025, do crédito por valor de 12 millóns que solicitou en 2021.

“A saída do concurso garante ao club mellores condicións do límite salarial en caso de ascenso ao fútbol profesional”, lembrou Paulo Dinis, responsable de planificación e finanzas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade