Publicador de contidos

Publicador de contidos

Organizan unha batalla de galos solidaria en Ourense

Organizan unha batalla de galos solidaria en Ourense

Os afeccionados ao hip hop queren amosar o seu compromiso coa comunidade

Cada participante doou un xoguete novo para a Cruz Vermella

G24.gal 17/12/2021 20:19

Os afeccionados galegos ao Hip Hop queren amosar o seu compromiso social cun acto que organizaron en Ourense. Realizaron unha concorrida batalla de galos con fins solidarios.

"A cultura hip hop sempre busca axudar o que ten ao lado, mellorar a comunidade...", destaca Xenxo Vázquez, membro da organización.

Cada un dos participantes, para inscribirse, doou previamente un xoguete novo para a Cruz Vermella, que llelo fará chegar a familias sen recursos. 

Batallas de galos

Herdeiros involuntarios da cultura popular da regueifa, estes poetas urbanos tamén buscan a inspiración na actualidade, nas súas experiencias persoais e na realidade inmediata.

"Compiten entre eles para ver quen, improvisando no momento, é capaz de lle gañar a batalla ao contrincante", explica Jorge Piñeiro, alcumado 'Hombre P' .

Todo un espectáculo de axilidade mental e capacidade creativa que sempre remata, malia o frenesí da batalla, cunha fraternal aperta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade