Orbelín Pineda asina por 5 temporadas co Celta
Onte chegou a Peinador e foi recibido por membros do conxunto celeste
O club acaba de facelo oficial a través das súas redes sociais
𝑉𝑎𝑚𝑜𝑠 𝑎 𝑟𝑜𝑚𝑝𝑒𝑟𝑙𝑎 💪
— RC Celta (@RCCelta) January 7, 2022
Celtistas, este chico llega a full 🔋🔥 ¡Primeras palabras de 𝑠𝑢 𝑎𝑚𝑖𝑔𝑜 @orbelin90!#BenvidoOrbelín #RCCelta pic.twitter.com/If9RGZ1S49
Orbelín Pineda, 25 anos, internacional mexicano, asina por cinco temporadas.
Este é o momento da súa chegada a Peinador. Orbelín actuá como centrocampista, acaba de ser campión do seu país con Cruz Azul. Pode xogar por detrás do punta de referencia e nun costado.
Orbelín quere vivir a experiencia europea pensando no mundial de Qatar de finais de ano. Nas próximas horas vaise someter ás pertinentes probas médicas e asinará o contrato.
Ponse ás ordes de Eduardo Coudet e ocupará unha das prazas de estranxeiros no Celta, onde vai coincidir co seu compatriota Néstor Araújo. Antes de saír de México, mostrou o seu entusiasmo por esta aventura na súa carreira futbolística.