Publicador de contidos

Publicador de contidos

Catro detidos nunha operación antidroga na Estrada e A Bandeira

Catro detidos nunha operación antidroga na Estrada e A Bandeira

Tres son de nacionalidade española e a cuarta é un estranxeiro

Levaron a cabo rexistros en varios lugares da comarca do Deza 

G24.gal 12/01/2022 16:21

Hai catro persoas arrestadas e acusadas de tráfico de drogas. Tres son de nacionalidade española e a cuarta é un estranxeiro.

Ademais destas detencións, os axentes fixeron varios rexistros ao longo de toda a xornada.

Un deles foi nun taller de compravenda de coches da Bandeira e no domicilio que hai enriba del. Tamén nunha vivenda no lugar de Matalobos, na Estrada.

Ata o momento os axentes incautáronse de 300 gramos de cocaína, armas de fogo, 7.500 euros en metálico e vehículos de alta gama.

Axentes da Garda Civil e da Policía Nacional realizaron unha operación conxunta contra o tráfico de drogas na Estrada e A Bandeira.

Publicidade
Publicidade
Publicidade