Publicador de contidos

Publicador de contidos

Oliveiras autóctonas en Galicia nun proxecto de recuperación do CSIC

Oliveiras autóctonas en Galicia nun proxecto de recuperación do CSIC

Os resultados revelan que hai, ata o momento, vinte variedades autóctonas únicas o mundo 

O estudo lévase a cabo na Misión Biolóxica de Galicia en colaboración con produtores e viveiros

En cuestión de tres ou catro anos, Galicia podería comezar a comercializar o seu propio aceite de oliveira

G24.gal 16/04/2022 20:06

No interior deste invernadoiro están as variedades autóctonas que os investigadores do CSIC levan anos estudando nese labor de recuperación do patrimonio agrícola de Galicia. Carmen Martínez Rodríguez, lidera este proxecto na Misión Biolóxica de Galicia, ubicado en Pontevedra.

Nos recorrimos Galicia entera, por todos los sitios. Allá donde nos llamaban diciendo tengo un olivo centenario, allá íbamos. Los marcamos, cogemos muestras, los estudiamos, hacemos análisis de adn. 


Aquí están algunhas desas vinte variedades autóctonas. Illadas en gaiolas para que non se contaminen porque elas son as plantas nai deste proxecto.

Bautizadas co seu nome e preparadas para espallárense novamente por Galicia, ese é o seguinte obxectivo no que traballan dende o CSIC en colaboración con viveiristas e produtores de aceite e de olivas de Galicia. 

Producir planta a gran escala y lo queremos hacer de dos formas. Por esquejes o estaquillado clásico y también mediante mutiplicación in vitro que es más rápido y nos permite tener miles de plantas en menos de un año. Supone ofrecer al mercado algo distinto de alta calidad y eso se valora mucho actualmente. Luego a nivel científico para nosotros también es un tesoro.

O estudo, do grupo VIOR, conta cunha financiación superior aos 300.000 euros doados pola Fundación Juana de la Vega. Xa rexistraron un total de once variedades. Se todo vai ben, en cuestión de catro anos, podería iniciarse a comercialización do aceite de oliveira cen por cento galego. Un tesouro agochado, que renace da man da ciencia, e que podería ter un futuro tan prometedor coma o do viño. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade