Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ofensiva total dun Deportivo Abanca que precisa un erro do Éibar na última xornada

Ofensiva total dun Deportivo Abanca que precisa un erro do Éibar na última xornada

Gañoulle por 6-2 ao Juan Grande canario con goles de Millene (2), Ainhoa, Charle e Carlota Suárez (2)

Precisa un tropezo do Éibar co que chega á última xornada empatado a puntos

G24.gal 07/05/2023 15:21

O Deportivo Abanca derrotou por 6-2 o Juan Grande nun partido de ofensiva total por parte das de Irene Ferreras. Precisaban gañar para chegar á última xornada con opcións de ascenso e notouse esa necesidade. 

Pronto marcou Millene pero as canarias empataron cun gol de Nuria. Repetiu Millene no 16' e Ainhoa ampliou diferenzas antes da media hora. 

No segundo tempo recurtou diferenzas o Juan Grande pero deseguido chegaron os tantos de Carlota Suárez (2) e Charle para poñer o definitivo 6-2. 

Éibar, Deportivo e Osasuna seguen empatadas no posto de ascenso directo pero as deportivistas teñen perdido o duelo particular co cadro vasco co que necesitan mellorar o seu resultado na última xornada. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade