Obradoiro e Breogán enfóntanse con rivais directos nesta xornada da ACB
Breogán e Obradoiro afrontan esta fin de semana partidos dos que marcan traxectorias. Instalados nunha comodísima situación con 9 vitorias e 9 derrotas reciben a rivais que están situados inmediatamente por debaixo na clasificación. Os santiagueses mídense cun Bilbao Basket en liña descendente, cinco derrotas nos últimos seis partidos.
O estado físico de Kassius Robertson é a incógnita da cita desta noite. Mañá ao mediodía será a quenda do Breogán. Despois da exhibición contra o Granada visita o Pazo un Xirona en liga ascendente. A pasada semana contra o Barça interrompeu unha serie de catro vitorias seguidas dos de Aíto e Marc Gasol.
Sen o mancado Sergi Quintela, o Breogán quere prolongar o idilio coa recentemente elixida mellor afección da ACB.