Publicador de contidos

Publicador de contidos

O xurado declara culpable o home que asasinou o sobriño de 3 anos en Santiago

O xurado declara culpable o home que asasinou o sobriño de 3 anos en Santiago

Os membros do xurado consideran que o acusado non tiña minguadas as súas capacidades

G24.gal 31/01/2023 19:07 Última actualización 01/02/2023 08:38

Tras dúas semanas de xuízo oral, pechado ao público, onte á tardiña emitíase o veredicto do xurado popular do coñecido como caso Cepeda.

"Culpable por maioría de oito votos a un do feito delitivo consistente en causar a morte do seu sobriño Marcos intencionadamente ou coñecendo e asumindo que cos seus actos se podía causar a morte, sen risco de que puidera proceder da defensa por parte da vítima ou o auxilio de terceiros". 

Unha das claves do veredicto é que os membros do tribunal consideraron que non hai ningunha circunstancia modificativa da responsabilidade penal do acusado e que, por tanto, era consciente en todo momento dos seus actos, polo que se enfronta á prisión permanente revisable.

Ministerio fiscal: "A comisión destes feitos con plena culpabilidade vaise interesar que se lle impoña ao acusado a pena de prisión permanente revisable que solicitamos no escrito da acusación, que é a pena sinalada polo Código Penal para este delito". 

A defensa de Santiago Cepeda tentara esgrimir que o acusado sufrira un colapso neurolóxico abrupto, pero non convenceu ao xurado, nin á fiscalía nin á acusación popular. O avogado Santiago Nogueira incidiu en que non quedara acreditado que o seu defendido actuase con aleivosía. 

Evaristo Nogueira, avogado da defensa: "Sería absurdo para esta defensa non facer unha solicitude de pena alternativa, con independencia obviamente do noso dereito a recorrer contra a sentenza no seu momento derivada do veredicto do xurado".

Agora será a maxistrada da sección compostelá da Audiencia Provincial da Coruña a que, co veredicto xa emitido, deberá fundamentar e redactar a sentenza. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade