Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece nun tiroteo o actor Jonathan Joss, coñecido polo seu papel en 'King of the Hill'

Falece nun tiroteo o actor Jonathan Joss, coñecido polo seu papel en 'King of the Hill'

A policía prendeu un veciño seu, de 56 anos, como presunto autor do crime

A parella do actor cre que é un crime homófobo: "Fomos acosados por persoas que non aceptaban a nosa relación, informamos destas ameazas ás forzas da orde varias veces e non se fixo nada"

Fotografía publicada na conta de Facebook da parella de Joss Fotografía publicada na conta de Facebook da parella de Joss
G24.gal 03/06/2025 08:36

O actor estadounidense Jonathan Joss, cuxa carreira incluíu papeis en King of the Hill ou Parks and Recreation, faleceu nun tiroteo na localidade de San Antonio, Texas (EUA), segundo informou a policía na súa conta de X.

O suceso produciuse o domingo á noite e está sendo investigado polo Departamento de Homicidios da Policía de Atlanta (APD).

Segundo a policía, non hai evidencias que indiquen que o asasinato de Joss estea relacionado coa súa orientación sexual.

A contorna da vítima cre que se trata dun crime homófobo

Os axentes acudiron o domingo pola noite ao lugar onde se produciu o tiroteo e alí atoparon morto o actor Jonathan Joss, de 59 anos.

O luns arrestaron a Sigfredo Álvarez Cella, de 56 anos, como presunto autor do crime.

Nunha mensaxe en Facebook, o esposo do actor, Tristan Kern de Gonzales, indicou sobre el e o seu marido: "Estivemos involucrados nun tiroteo mentres revisabamos o correo no lugar da nosa antiga casa. Esa casa foi queimada despois de máis de dous anos de ameazas de persoas na zona, que repetidamente nos dixeron que lle prenderían lume. Informamos destas ameazas ás forzas da orde varias veces e non se fixo nada".

Segundo relata: "Un home achegóusenos, comezou a gritarnos insultos homófobos violentos. Entón levantou unha arma e disparou. Jonathan e eu non tiñamos armas", precisou o esposo do actor.

Tamén narrou que Joss o apartou dun empurrón, salvándolle a vida, e agregou que o seu esposo foi asasinado por alguén que non soportaba ver dous homes amándose.

A parella da vítima sinala: "Ao longo do tempo fomos acosados regularmente por persoas que deixaron claro que non aceptaban a nosa relación. Gran parte do acoso foi abertamente homófobo".

Joss, nacido en decembro de 1965, é coñecido por prestar a súa voz a John Redcorn, veciño de Hank Hill, na exitosa serie animada King of the Hill, lembra The Times.

Ademais, era coñecido por interpretar o xefe Ken Hotate, un ancián de Wamapoke e dono de casinos, en Parks and Recreation, da NBC, e tamén traballou noutras series de éxito como Tulsa King, Ray Donovan, Friday Night Lights, ER ou Charmed

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade