Doce persoas feridas, dúas en estado crítico, nun tiroteo durante un festival en Ohio
A Policía busca os autores dos disparos, que comezaron a dispararse entre si, provocando o pánico dos asistentes
Nos Estados Unidos, un tiroteo nun festival comunitario deixa doce persoas feridas, dúas delas en estado crítico, na cidade de Toledo, no estado de Ohio. Todas as vítimas -de entre 14 e 61 anos- foron trasladadas a centros sanitarios próximos para recibiren atención.
Os responsables policiais explicaron que o incidente se produciu cando dous tiradores comezaron a dispararse entre si. Os vídeos difundidos nas redes sociais amosan o pánico entre os asistentes, que fuxían tirándose ao chan e buscando acubillo detrás dos coches, no medio dos tiros.
A Policía puxo en marcha un amplo operativo para localizar os autores e pedíronlle á poboación que evite a zona mentres non dean con eles.
BREAKING: Multiple victims reported in shooting near the Old West End Festival in Toledo, Ohio; suspect remains at large, according to police. pic.twitter.com/E9p2g2VASr
— Scope Report (@ScopeReport_) June 6, 2026