A conta de Maduro en X saúda "todo camiño de diálogo" para a convivencia en Venezuela
A publicación aparece un día despois de que o chavismo e un grupo opositor comezasen un proceso de negociacións impulsado por Washington para avanzar cara a unha transición
Mensaxe que apareceu publicada na conta de Nicolas Maduro un día despois de que comezasen as negociacións entre Venezuela e os Estados Unidos
A conta en X do deposto presidente venezolano Nicolás Maduro, detido nos Estados Unidos, saudou este domingo "todo camiño de diálogo que axude a consolidar a paz, a convivencia e o encontro" no seu país. Aparece esta publicación un día despois de que o chavismo e un grupo opositor comezasen un proceso de negociacións impulsado por Washington para avanzar cara a unha transición.
Saludamos todo el camino del diálogo que ayude a consolidar la paz, la convivencia y el encuentro entre venezolanos.
— Nicolás Maduro (@NicolasMaduro) August 2, 2026
Hagamos de agosto un mes de maravillosos logros, solidaridad comprometida, diálogo y renacimiento espiritual ¡Dios bendiga a nuestra Patria! ¡Un gran abrazo!
"Con unión nacional, oración e acción, Venezuela sempre verá grandes logros nados do esforzo, do diálogo fecundo e da sabedoría do home e a muller do montón", reza o escrito publicado na rede social X.
O escrito está datado en Nova York, onde o chavista se atopa detido canda á súa esposa, Cilia Flores.
Maduro, capturado xunto á súa esposa o pasado xaneiro en Caracas por forzas estadounidenses, considera que "falar dun renacemento nacional como meta común é falar de respecto mutuo na diversidade, de inclusión de todos e todas e de acción creadora para levantar unha Venezuela renovada", asegura na súa conta en X.
Na conta de Maduro publícanse mensaxes a cotío pero se descoñécese quen a administra.
O proceso de negociación impulsado por EE.UU. comezou o sábado co compromiso da delegación do Gobierno da presidenta encargada de Venezuela, Delcy Rodríguez, e dun grupo opositor de abordar os "dereitos e garantías políticas" no país suramericano.
Aínda que se esperaba que o encontro fose presencial, o presidente do Parlamento e irmán da mandataria, Jorge Rodríguez, e a ex-deputada opositora Dinorah Figuera iniciaron o proceso cunha chamada telefónica, durante a que tamén acordaron abordar o "fortalecemento" da democracia e a atención ás vítimas dos devastadores sismos do pasado xuño.
Nas horas previas aos anuncios, houbo en Caracas varias protestas de diferentes sectores, entre eles un grupo de chavistas convocados pola Fronte Popular Antimperialista que denunciaron unha "inxerencia" de Washington.
Os chavistas afirmaron que o diálogo forma parte do "proceso de transición maquiavélicamente ideado polo imperialismo para acabar" co legado do falecido presidente Hugo Chávez e poñer no sistema de xustiza e no organismo electoral a "personalidades monicreques ao Gobierno estadounidense para, posteriormente, convocar a unhas inconstitucionais eleccións".