O xuíz Vázquez Taín ve débil un dos argumentos para manter presa a Juana Rivas
Juana Rivas está nun centro de integración social
O xuíz galego velle pouco futuro á querela contra o seu colega de Granada
O xuíz Vázquez Taín di que todo o proceso contra a granadina Juana Rivas, condenada por subtracción de menores, ten moi pouco de común.
Juana Rivas impediu no seu momento que os seus dous fillos visen ao pai, o italiano Francesco Arcuri. O asunto rematou nunha condena superior aos dous anos de prisión.
A acusación de abusos sexuais é o punto máis débil, segundo Vázquez Taín
O Goberno aprobou o indulto parcial. Pero un xuíz de Granada denegoulle a liberdade porque non ve arrepentimento, ve risco de reincidencia e asegura que os dous nenos están en perigo porque un deles sufriu abusos sexuais estando coa nai. Vázquez Taín considera as acusacións o punto máis débil da argumentación do seu colega andaluz.
O xuiz galego pensa que a querela contra o seu colega non ten moito futuro
O avogado de Juana Rivas anunciou unha querela contra o xuíz pola acusación de abusos sexuais. O xuíz galego non lle ve moito futuro á querela.