Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Guarda levanta as restricións sobre a inxestión de auga da billa

A Guarda levanta as restricións sobre a inxestión de auga da billa

O Concello confirma que a auga presenta parámetros óptimos para o consumo

Desaconsellárase a súa inxestión por precaución ante unha turbidez puntual

G24.gal 09/05/2025 19:01

O Concello da Guarda (Pontevedra) informou a veciñanza de que xa se levantaron as recomendacións que desaconsellaban beber auga da billa.

Nun comunicado, o Goberno local indicou que a auga do depósito municipal presenta actualmente parámetros “óptimos” para o consumo humano tanto en comidas como en bebidas.

“A auga da billa sempre foi segura para o uso e consumo humano, mais desaconsellouse a súa inxestión como medida preventiva por mor dunha turbidez puntual provocada por restos de sedimentos”, sinalou o Concello.

Dende o Goberno local tamén asegurou que se mantivo o tratamento habitual da auga e que en ningún momento se detectaron bacterias nin patóxenos perigosos para a saúde.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade