O Xirona aguanta ata o minuto 90 no campo do París Saint Germain (1-0)
O Xirona aguanta ata o minuto 90 no campo do París Saint Germain (1-0)
O xoves rematará a primeira xornada cos partidos do Barcelona e o Atlético
O Xirona estreouse na Liga de Campións con derrota no campo do París Saint Germain de Luis Enrique (1-0). O gol chegou no minuto 90 nun centro de Mendes que entrou polo medio das pernas de Gazzaniga, o máis destacado ata ese intre.
La mala suerte del Girona.
— Fútbol en Movistar Plus+ (@MovistarFutbol) September 18, 2024
El tanto en propia meta de Gazzaniga en el 90' para dar la victoria al PSG.#LaCasadelFútbol #UCL pic.twitter.com/2NoIrIyU5u
Ningún dos dous equipos deu marcado ata ese momento malia que houbo boas ocasións, sobre todo para os xogadores do cadro francés. Dembélé foi o xogador máis destacado en ataque pero atopouse coas grandes paradas de Gazzaniga ou con accións providenciais dos defensas do equipo catalán. Kolo Muani ou Achraf tamén gozaran de oportunidades moi claras nos últimos dez minutos. Cando todos contaban co empate chegou o gol do lateral portugués nunha xogada sen aparente perigo.
😇 𝐒𝐚𝐧 𝐊𝐫𝐞𝐣𝐜𝐢 @GironaFC #UCL #LaCasaDelFútbol pic.twitter.com/gEl8ru9QTv
— Fútbol en Movistar Plus+ (@MovistarFutbol) September 18, 2024
O xoves será a quenda de Barcelona e Atlético
Nesta novidosa edición da Champions tamén haberá partidos os xoves. Tócalle ao Barcelona, que se enfrontará ao Mónaco, e ao Atlético de Madrid, que recibirá o Leipzig.