Publicador de contidos

Publicador de contidos

O viveiro de empresas da Fundación CEL, elixido o mellor de España segundo FUNCAS

O viveiro de empresas da Fundación CEL, elixido o mellor de España segundo FUNCAS

É o segundo ano consecutivo que o viveiro da Fundación dos empresarios luceses se considera a mellor de España

80 de cada 100 proxectos tutelados pola Fundación CEL se consolida coma empresa

G24.gal 12/06/2023 13:59

O mellor viveiro de empresas está en Lugo. Por segundo ano consecutivo, o Informe Funcas sitúa a aceleradora de empresas da Fundación CEL como a mellor de España. A súa eficacia aválase con resultados: o 80 % dos proxectos desenvolvidos aquí son agora empresas consolidadas.

Luis García Santalla, presidente da fundacion CEL, di que axudan a consolidar a idea que presenta o emprendedor aconsellando aqueles cambios que serían pertinentes dende a perspectiva da experiencia empresarial. Colaboran con eles no deseño dun plan de negocio, asesoramento financeiro e buscan posibles investidores. 

3edata é unha empresa tecnolóxica orientada a solucións medioambientais que naceu no Campus de Lugo. Con 15 anos de experiencia no sector universitario, decidiron dar o paso ao sector privado. No viveiro de emrpesas recibiron asesoramento profesional.

 Marcos Rubinos, un dos creadores desta spinoff universitaria, comenta que eran técnicos, investigadores e enxeñeiros, "pero converterse nunha empresa e pensar en termos de facturación, de atención de cliente ou internacionalización... o certo é que non tiñamos esa formación. Foi crucial ter un apoio coma este".

Lucas e Carlos son dous enxeñeiros que levaban un par de anos madurando a idea de crear unha asesoría rural. Agora é unha realidade. Lucas Pérez, de Xestogal, di que no viveiro de empresas son realmente resolutivos. Axúdache e o de estar rodeado doutras empresas, que soa moi teórico, nós si que o vemos aplicado á practica.

Elixida pola Informe Funcas como o mellor viveiro de empresas de España. Luis García Santalla, presidente da fundacion Cel, di que é un éxito que se debe ao equipo de traballo, aos empresarios que apoian a Fundación CEL e tamén aos emprendedores que confían en nós. 

Aquí naceron máis de 150 empresas que estan a facturar uns 800 millóns de euros anuais. 
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade