O vigués Martín de la Puente, primeiro español en semifinais dun Grand Slam individual
O vigués Martín de la Puente, primeiro español en semifinais dun Grand Slam individual
No US Open volveu facer historia ao conquistar o título de dobres co francés Nicolas Peifer

O vigués Martín da Puente segue facendo historia no tenis en cadeira tras converterse este mércores no primeiro español que se clasifica para as semifinais dun torneo do Grand Slam en Roland Garros.
O vigués fíxoo remontando ante o número 4 mundial, o belga Joachim Gerard, cun 3-6 7-6(2) 6-4 en cuartos de final. O seu rival por un posto na gran final será o xaponés Tokito Oda, Nº 2 da especialidade.
En París disputa o que é o seu cuarto Grand Slam tras debutar o pasado ano, tamén en Roland Garros. No US Open volveu facer historia ao conquistar o título de dobres co francés Nicolas Peifer e, meses máis tarde, era tamén o primeiro español en gañar o Masters de dobres co arxentino Gustavo Fernández. Actualmente ocupa o Nº 1 da clasificación de dobres e o Nº 7 individual.
🎾♿️🇫🇷A SEMIS DE @rolandgarros !!!!!
— Martin de la Puente (@tindelapuente) June 7, 2023
💪💪💪Video del punto de partido
ALEGRIA MÁXIMA DESPUES DE UN PARTIDO DE 3 HORAS
🎉🎉VAMOOOOOSSSSS!!!!!@adidas_ES @Toyota_Esp @ToyotaPrensa @SolunionSeguros @RCPoloBarcelona @RFETenis @yonex @fedgalegatenis @adidas @EnXogo_tvG2 @crtvg #itf pic.twitter.com/lg0RwUtElE