Publicador de contidos

Publicador de contidos

O verán soñado para Inés Sotelo, cun ouro europeo e un bronce mundial

O verán soñado para Inés Sotelo, cun ouro europeo e un bronce mundial

A xogadora de baloncesto ourensá xoga na Universidade de Michigan State

A focense Marta Fernández tamén pendurou o ouro no último campionato de Europa sub-20

G24.gal 12/08/2025 18:56

A baloncestista ourensá Inés Sotelo descansa uns días na casa despois dun verán moi intenso. Presume de acadar unha dobre medalla. Primeiro no Mundial sub-19 acadou o bronce nun partido dramático diante do Canadá. Despois recibiu a convocatoria da sub-20 para xogar o Europeo e logrou a medalla de ouro cunha vitoria contundente diante de Lituania. 

"Foi un verán inesquecible. As dúas medallas representan o sacrificio que fixemos", recorda unha Inés Sotelo que non quixo saber nada de vacacións para enrolarse nesta dobre aventura. Inés marchou para a Universidade de Michigan e busca a mellora para ser profesional do deporte ao igual que os seus referentes. A súa irmá Lucía tamén xoga ao baloncesto nos Estados Unidos e sempre a quixo imitar.

A outra é a tamén ourensá Raquel Carrera, líder da selección española absoluta, que tamén conseguiu unha prata no último europeo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade