Cargando resultados...
Inglaterra revalida o título europeo tras derrotar a España nos penaltis
G24.gal
27/07/2025 21:08
Última actualización 27/07/2025 21:51
A forza da selección inglesa levouna a reeditar o título europeo ante España en Basilea.
Inglaterra igualou o gol de Mariona Caldentey cun tanto de Russo no minuto 57 da segunda parte. España buscou o gol no tempo de prolongación. Salma Paralluelo dispuxo de varias ocasións que non materializou e o partido decidiuse dende os once metros.
Cata Coll parou dous penaltis pero non foi suficiente. Hannah Hampton detivo os de Mariona e Aitana. Isto, sumado ao que Salma mandou fóra, deixou a España sen a ansiada Eurocopa.
Inglaterra convértese en campioa de Europa por segundo ano consecutivo.