Publicador de contidos

Publicador de contidos

Tecnoloxía de última xeración axuda aos investigadores a resolveren con máis rapidez os incendios forestais

Tecnoloxía de última xeración axuda aos investigadores a resolveren con máis rapidez os incendios forestais

O ano pasado en Galicia houbo 105 incendios forestais e tres de cada catro son intencionados

Moitos dos incendios forestais rexistrados no que vai de verán en Galicia foron causados por maquinaria agrícola

 

Dous investigadores da UPRONA examinan o monte tras un incendio
G24.gal 21/07/2025 13:54

O ano pasado rexistráronse en Galicia 105 incendios forestais. Unha vez sufocado o lume, entran en acción investigadores como Iván e Roberto, que levan máis dunha década examinando o monte.

"O primeiro que hai que saber é se son de orixe natural, accidental ou intencionada", explica Roberto López, axente da UPRONA, a Unidade de Protección da Natureza da Garda Civil

En Galicia, 3 de cada 4 incendios forestais son intencionados. Son delitos difíciles de esclarecer que requiren dun importante traballo de campo.

"Hai que mirar árbores, valados, pedras, todas as marcas que o lume vai deixando ao seu paso", di Iván Castosa, axente da UPRONA, a Unidade de Protección da Natureza da Garda Civil.

O uso de tecnoloxía de última xeración axuda a resolver estes casos e facelo con máis rapidez.

 "Avanzouse moito coa cartografía dixital, os drons os GPS", asegura Roberto López.

O último en resolverse foi un que se rexistrou en Monforte a principios de mes e que mesmo ameazou varias casas.

"Nestes anos atopamos mistos atados con gomas, candeas", comenta Iván Castosa.

Neste caso, a presunta autora era unha veciña da zona.

"Si que se consegue, e o fundamental é a colaboración cidadá, os veciños", di o axente da UPRONA.

Este ano está a haber moitos incendios que teñen a súa orixe en maquinaria agrícola. A recomendación é adiar as tarefas agrícolas para a tardiña, cando aperta menos a calor.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade