Publicador de contidos

Publicador de contidos

O turrón galego con queixo azul conquista padais

O turrón galego con queixo azul conquista padais

Vendéronse en só tres días as 1.500 unidades postas á venda

Estudan xa elaborar durante todo o ano outros doces con queixo azul

O turrón é elaborado por unha queixería de Chantada coa receita da estrela Michelin Lucía Freitas
G24.gal 29/12/2021 20:15

Chocolate branco, manteiga, galleta de avea, framboesa liofilizada e queixo azul. Esta é a receita da estrela Michelin Lucía Freitas para o turrón que puxo no mercado unha queixería de Chantada. En so tres días venderon as 1.500 unidades producidas.

Un turrón que ten un sabor moi característico e que, segundo din os seus creadores, chega para quedar. Ademais teñen en mente aínda máis proxectos para elaborar durante todo o ano produtos que mesturen o queixo azul e o doce.

Así llelo demandan moitas das tendas nas que hoxe en día xa venden os seus queixos, elaborados con leite de vacas Jersey e que lograron unha medalla de ouro no concurso mundial celebrado en novembro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade