Publicador de contidos

Publicador de contidos

O turismo de proximidade axuda en Galicia a que a ocupación supere o 80 % na ponte

O turismo de proximidade axuda en Galicia a que a ocupación supere o 80 % na ponte

As mellores cifras na hostalaría durante a fin de semana

As casas de turismo rural as que notan con forza a recuperación dos clientes

G24.gal 04/12/2021 13:23

Boas previsións turísticas para esta ponte, cunha ocupación que supera o noventa por cento en moitos establecementos hoteleiros.

Un dos sectores onde máis se notou a recuperación dos clientes é nas casas de turismo rural. O feito de que sexan establecementos pequenos e sen aglomeracións foi algo que contribuíu.
Por exemplo, neste establecemento do Corgo están completos.

Estoutro hotel, situado ás aforas de Lugo, proporcionalmente, manexa os mesmo datos, cunha altísima ocupación na primeira parte da ponte.

Malia que a ocupación descende notablemente a partir do luns, a restauración que adoitan ofrecer este tipo de establecementos axuda a manter os ingresos dunha ponte que se sitúa en índices de ocupación semellantes aos anteriores á pandemia pero cun matiz: o notable ascenso dun turismo de proximidade.

 



 


 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar