Cargando resultados...
O turismo de aventura gaña terreo na dinamización do rural galego
O turismo de aventura gaña terreo na dinamización do rural galego
Os parques multiaventura gañan peso entre as opcións de ocio
Os visitantes poden gozar coas tirolinas, actividades de río, minigolf ou xogos con láser, entre outras actividades
G24.gal
06/06/2023 21:18
Última actualización 06/06/2023 21:52
Foi un paso de gando para cruzar o río, pero os tempos mudan, e hoxe serve como zona de embarcadoiro para gozar do caiac no río. É tan so unha das actividades que ofrece este parque multiaventura de Ombreiro, ás aforas de Lugo.
Cunha oferta de turismo activo dirixida a todos os públicos. Nada mellor, sen dúbida, para unha tarde de ocio diferente cos amigos. Os cativos son, desde logo, os que máis gozan, e teñen claras as preferencias.
O parque contou cun investimento de 600.000 euros e con axudas da Xunta a través do Igape.
A curto prazo, o seu promotor ten previsto ampliar instalacións con bungalows e zona de autocaravanas.