Publicador de contidos

Publicador de contidos

As obras na liña ferroviaria entre Lugo e Monforte obrigan os pasaxeiros a facer transbordos por estrada

As obras na liña ferroviaria entre Lugo e Monforte obrigan os pasaxeiros a facer transbordos por estrada

Realizaranse obras para electrificar a vía con 25.000 volts

Os viaxeiros serán transbordados en autobús

Félix Aragunde 05/01/2022 11:54

Durante os catro meses vindeiros non haberá tráfico ferroviario entre Lugo e Monforte. A partir do luns día 10, será interrompido debido ás obras de mellora na vía que permitirán a electrificación dos 75 quilómetros do tramo. Mentres, os pasaxeiros serán transbordados por estrada.

Prevese que as actuacións de mellora neste tramo, coa electrificación a 25.000 volts, se prolonguen ata o 10 de maio. Teñen como obxectivo cumprir cos compromisos do Adif de optimizar as condicións no tocante á seguridade, ao confort e aos tempos de viaxe.

En caso de desconformidade coas novas condicións, Renfe ofrécelles aos pasaxeiros a posibilidade de anular ou cambiar os billetes sen custo adicional.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade