Publicador de contidos

Publicador de contidos

O tráfico ferroviario entre Ferrol e Ribadeo recuperarase o próximo día 9

O tráfico ferroviario entre Ferrol e Ribadeo recuperarase o próximo día 9

A liña foi sometida a obras de automatización e modernización desde o pasado 10 de abril

Os traballos consistiron na instalación dun sistema de control dixital

G24.gal 07/05/2023 20:14 Última actualización 07/05/2023 20:32

O martes volverán circular os trens entre Ferrol e Ribadeo despois dos 28 días nos que estivo cortado o tráfico polas obras de automatización. 

Os usuarios xa non terán que desprazarse por estrada porque remataron os traballos que Adif acometeu nesta liña. Consistiron na instalación dun sistema de control dixital, o que se traduce nunha mellora na seguridade e a fiabilidade do traxecto. Inicialmente, estaba previsto que se retomase o tráfico ferroviario para principios de mes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade