Paralizadas máis dunha hora as saídas da estación de Vigo-Urzaiz ao detectárense persoas na vía
A policía está investigando a inxerencia de individuos nas vías de saída da estación de Urzaiz de Vigo que impedía que saísen trens da estación
As saídas estiveron paralizadas desde as 13:40 ata as 14:50. O primeiro tren afectado foi o das 13:40, que tiña destino a Santiago.
O tráfico ferroviario restableceuse ás 14:50

Trens parados na estación de Vigo Urzaiz pola posible intromisión dunha persoa nas vías de saída. De momento descoñécese o motivo desta intromisión e tamén o lugar exacto no que foi detectada.
O tráfico ferroviario paralizouse ás 13:40. O primeiro tren afectado foi o que tiña destino a Santiago de Compostela. Os pasaxeiros estiveron dentro do tren ata as 14:20 sen cobertura e sen que ninguén os informase. A esa hora abríronse as portas e os pasaxeiros puideron saír á plataforma. Moitos foron os que aproveitaron para baixa a avisar as familias.
Nese momento, aos pasaxeiros avisáronos de que había alguén na vía, xente á que a Policía estaba xa estaba buscando. Unha vez que a vía estivese despexada, sería a Policía a que daría permiso para saír.
Finalmente o tráfico ferroviario restableceuse ás 14:20.
