Publicador de contidos

Publicador de contidos

Renfe modifica a partir do 17 de xuño os horarios do Alvia entre Barcelona e Galicia por obras

Renfe modifica a partir do 17 de xuño os horarios do Alvia entre Barcelona e Galicia por obras

Os cambios serán temporais debido a obras no tramo Palencia-León e aumentarán o traxecto entre Barcelona e Galicia nunha media de 44 minutos

Foto de arquivo/Europa Press Foto de arquivo/Europa Press
G24.gal 12/06/2025 17:20

Renfe modifica temporalmente os horarios do seu servizo Alvia transversal con orixe en Barcelona e destino Galicia desde o 17 de xuño con motivo das obras de duplicación de vía que Adif realiza no tramo Palencia-León, o que incrementará o tempo de viaxe en 44 minutos.

Debido a estas obras, o tren circulará pola liña de ancho ibérico nun tramo que actualmente se realiza pola liña de alta velocidade.

Desde o 17 de xuño, este servizo Alvia que sae en dobre composición desde Barcelona, realizará a manobra de desacople en Venta de Baños, en lugar de en Miranda de Ebro, como é habitual.

Unha das ramas continuará cara a Salamanca, mantendo o mesmo horario que na actualidade, e a outra rama continuará o seu traxecto cara a Galicia, circulando entre Burgos e León pola vía convencional, en lugar de facelo pola vía de alta velocidade. Esta circunstancia temporal provoca ese incremento nos tempos de viaxe cara a Galicia.

No caso do Alvia con destino Vigo-Guixar, modifícase a hora de chegada ás 23:37 horas, e o Alvia con destino A Coruña, faino ás 23:07 horas. 

O servizo Alvia con orixe en Galicia realizará a manobra de axuste coa rama que procede de Salamanca na estación de Burgos Rosa Manzano, mantendo os seus horarios habituais excepto no período do 7 ao 10 de xullo.

Durante estes catro días, adiántase a saída do Alvia desde Vigo ás 6:53 horas, e desde A Coruña ás 7:22 horas. Do 7 ao 10 de xullo, o axuste da composición procedente de Galicia coa de Salamanca, levará a cabo na estación de Venta de Baños.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade