O torneiro Aitor Martínez e a Fundación Artesanía de Galicia, Premios Nacionais de Artesanía
O artesán de Tomiño gañou na categoría Premio Produto pola súa colección Mundos
Artesanía de Galica venceu no apartado Premio Promoción para Entidades Públicas polo seu proxecto Artesanía no Prato
Concedidos polo Ministerio de Industria e Turismo, os Premios Nacionais de Artesanía divídense en cinco categorías, e en dúas acabou habendo triunfo galego.
Triunfo galego na categoría Premio Produto para Aitor Martínez pola súa colección Mundos. Do torneiro de Tomiño destacou o xurado a súa gran sensibilidade técnica e potente visión conceptual.
"Como pai e como artesán, o máis bonito que me pasou na vida é que alguén recoñeza o meu traballo e que poida facelo diante das miñas fillas, ás que levo catro anos dicindo que traballar en algo que che gusta paga a pena, que poñer corazón no que fas faite máis feliz e fai máis feliz a xente que está contigo", dixo o artesán no seu agradecemento
E triunfo galego tamén na categoría Premio Promociona para Entidades Públicas. Levou o galardón a Fundación Artesanía de Galicia polo seu proxecto Artesanía no Prato.
"Unha alegría que nos dá o sector artesán galego a través da Fundación Artesanía de Galicia. Son preto de 800 artesáns", destacou o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Arén
Obtivo ademais un diploma de finalista Sandra Vilas, do obradoiro compostelán Boina Galega, pola súa empresa Claudinas, feltros esculpidos e artesanais.
"Tedes que comprar artesanía e dicirlle á xente que compre artesanía", insistiu ante o micrófono Aitor Martínez
Un recoñecemento ao traballo de quen preserva e actualiza os oficios artesáns.