Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Titiriberia de Rianxo fai dez anos asombrando coa enerxía dos monicreques

O Titiriberia de Rianxo fai dez anos asombrando coa enerxía dos monicreques

Hoxe é un dos principais acontecementos para gozar desta modalidade das artes escénicas, tan enraizada na cultura popular e tan conectada coas emocións da infancia

O Festival de Títeres de Rianxo
G24.gal 14/08/2025 15:06 Última actualización 14/08/2025 17:37

Nos seus dez anos de traxectoria, o Festival de Títeres de Rianxo, o Titiriberia, traspasou moitas veces os límites da península atraendo importantes compañías internacionais.

Hoxe é un dos principais acontecementos para gozar desta modalidade das artes escénicas, tan enraizada na cultura popular, e tan conectada coas emocións da infancia.

Os monicreques de Kukas son toda unha institución cultural, desde que en 1979 nacían como primeira compañía profesional de monicreques de Galicia. 

Estes días expoñen e explican parte do seu traballo no Auditorio de Rianxo, un traballo inmenso que conseguiu levar unha arte ata entón considerada menor aos mellores teatros, e estar ata un ano en carteleira. Unha exposición en que coñecer parque dos seus 46 anos de historia.

"Imaxina, acababamos de saír da ditadura e non había nada en galego, e para os nenos nada de nada. Entón era un pouco unha reivindicación de que se podían facer cousas", dixo Marcelino de Santiago, Kukas.

O mundo fascinante o dos monicreques que agocha: escultura, pintura, dramaturxia. O enxeño e a espontaneidade que fai as delicias dos pequenos... Toda esa monicrecada cobra vida estes días en Rianxo.

"Non deixa de ser un boneco que cobra vida, e aínda que poida parecer algo moi inxenuo, cando os vemos sobre o escenario, todos entramos nesa fantasía", subliñou Comba Campoi, a presidenta da Asociación Morreu o Demo.

Estes días hai monicreques de toda a península en todas as parroquias de Rianxo. E todas as tardes, feira no campo de arriba, onde se recreará o ambiente natural en que os monicrequeiros xorden e permanecen.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade