Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Teruel empata no desconto e impide a vitoria do Celta Fortuna (3-3)

O Teruel empata no desconto e impide a vitoria do Celta Fortuna (3-3)

O filial vigués xogou máis de unha hora con 10 tras unha polémica expulsión a Trincho

Adiantouse ata en tres ocasións, pero o Teruel aproveitou a superioridade numérica

É o quinto partido sen coñecer a vitoria para o Celta Fortuna

G24.gal 10/02/2024 18:17

O Celta Fortuna segue sen reencontrarse coa vitoria, esta vez escapoulle no tempo engadido.

O encontro estivo marcado pola expulsión de Trincho, no minuto 27, cando o Celta Fortuna gañaba co gol anotado por Fernando López no minuto 12. A expulsión veu acompañada dun penalti que transformou o equipo visitante.

Na segunda metade o Celta Fortuna adiantouse ata en dúas ocasións máis, pero o Teruel foi quen de igualar de novo o marcador en ambas ocasións.

O resultado deixa ao Celta Fortuna a seis puntos do liderado, o cal tiña nas súas mans hai só un mes.

Claudio Giráldez amosouse moi decepcionado tras o partido.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos