Publicador de contidos

Publicador de contidos

O terreo das Torres de Garañón de Lugo sae a poxa pública

O terreo das Torres de Garañón de Lugo sae a poxa pública

A promotora ourensá está en concurso de acredores

Véndese por máis de dez millóns e medio de euros 

G24.gal 04/01/2022 19:57

O xulgado de Ourense que leva o caso solicitoulle ao banco a execución da hipoteca da promotora da edificación, actualmente en concurso de acredores. A débeda pendente ascende a case quince millóns de euros.

O terreo de 3.662 metros cadrados sae á venda por 10.665.000 euros. Os interesados poderán achegar as súas ofertas ata o vindeiro día 19 de xaneiro.

O proxecto de urbanización paralizouse por orde xudicial hai unha década. No seu día, o promotor pedira unha indemnización de 26 millóns de euros polas perdas que lle supuxo esta medida. 

Agora o Concello quere urbanizar o terreo e convertelo en zona verde. Primeiro terán que derrubar o esqueleto do edificio para cumprir coa sentenza que anulou o plan urbanístico.

Publicidade
Publicidade
Publicidade