Publicador de contidos
Publicador de contidos

O temporal deixa fortes refachos de vento, ondada e trebóns nas zonas costeiras

O temporal deixa fortes refachos de vento, ondada e trebóns nas zonas costeiras

No mar, a combinación de vento e ondada obrigou a manter amarrada a porto gran parte da frota

G24.gal 02/04/2024 22:19 Última actualización 02/04/2024 23:11

Na costa estaba activado un aviso laranxa por fenómenos costeiros. Tamén en terra, onde o vento soprou con forza ao longo de toda a xornada. Os refachos foron especialmente intensos nas primeiras horas do día, e na Torre de Hécules sorprendían a turistas e visitantes.

Con esta situación, en cidades como A Coruña pecháronse as zonas verdes, parques e instalacións deportivas ao aire libre, e tamén algúns puntos de acceso a zonas rochosas do litoral. O vento deixou paso á chuvia, que se intensificou nas primeiras horas da tarde. Con todo, cando o ceo daba unha tregua si que houbo quen se animou mesmo a dar un paseo pola praia.

No mar, a combinación de vento e ondada obrigou a manter amarrada a porto a frota. As boias de Portos do Estado rexistraron ondas por riba dos catro metros tanto en cabo Vilán como en Cabo Silleiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade