Publicador de contidos

Publicador de contidos

O templo da Veracruz moldeado en máis de 300 quilos de azucre

O templo da Veracruz moldeado en máis de 300 quilos de azucre

O pasteleiro Manuel de la Iglesia recreou a escala o monumento máis simbólico do Carballiño

Elaborou á man todas as pezas, e a súa torre mide 1,80 metros de alto 

Nos seus 49 anos de profesión fixo esculturas de monumentos como a torre de Hércules, a Xiralda ou a Sagrada Familia

Desde febreiro estivo elaborando peza a peza a escultua do templo da Veracruz.
G24.gal 01/12/2021 21:02

O artesán do Carballiño Xosé Manuel de la Iglesia, coñecido pola súa destreza moldeando o chocolate e o azucre para elaborar as versións máis doces de grandes monumentos, volve sorprender este Nadal cunha escultura do templo da Veracruz. 

"É todo artesanal, isto de arriba a abaixo é todo azucre, vou facendo peza a peza e pegándoas con azucre ata que quedan duras", explica o pasteleiro Xosé Manuel de la Iglesia. 

Xosé Manuel puxo a primeira pedra, pero de azucre, alá polo mes de febreiro e hai uns días que rematou a súa escultura do templo da Veracruz. Para recreala sacou máis de 100 fotos e non esqueceu ningún detalle.

Para darlle forma empregou 322 quilos de azucre. A torre do templo mide 1.80 metros de altura e a estrutura ten dous metros de ancho. A impresionante recreación destaca polo seu minucioso traballo. 

Unha paixón feita arte

Di que este é o seu pasatempo favorito. Nos seus 49 anos de profesión fixo unha morea de monumentos en chocolate e azucre. 

Elaborou desde o concello da Coruña ata a catedral de Santiago, que fixo xa tres veces, dúas en chocolate e unha en azucre, e pódese ver exposta na sua pastelería Royal do Carballiño. 

"Fixen a Giralda de Sevilla, que medía case tres metros, e fixen a Sagrada Familia en chocolate, que foi a que máis pesaba, pesaba 500 quilos", di orgulloso. 

Comezou con 16 anos no mundo da pastelería e agora vai contar nun libro a súa vida e a súa paixón feita arte. Lembra cando comezou na confeitaría Las Colonias. 

"Fixen o escudo do Compostela e aí foi cando empecei a dicir, pois eu vallo para facer estas cousas", conta o mestre pasteleiro Xosé Manuel de la Iglesia. 

A maña de Xosé Manuel para moldear azucre e o chocolate é ben coñecida no Carballiño. Esta é a cuarta vez que elabora o templo da Veracruz e as súas creacións son xa unha tradición máis do Nadal.

Xosé Manuel de la Iglesia é coñecido pola súa arte moldeando o chocolate e o azucre. Xosé Manuel de la Iglesia é coñecido pola súa arte moldeando o chocolate e o azucre.
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade