Quinta edición da Gala da Cultura no Teatro Colón da Coruña
Entre os galardonados figuran Estro Montaña, premiado co Torrente Ballester en galego, e José Manuel de la Quintana co Luis Ksado de fotografía
A Deputación da Coruña fixo entrega este xoves na V Gala da Cultura dos premios ás persoas gañadoras dos 19 certames culturais de 2025.
O Teatro Colón, na cidade herculina, acolleu a cita, presentada por Susana Pedreira e Xoán Fórneas e coa actuación de Caamaño&Ameixeiras.
O presidente do organismo provincial, Valentín González Formoso, incidiu en que a cultura "xera emprego, actividade e futuro", cun sector que representa ao redor do tres por cento do PIB galego e a máis de 35.000 postos de traballo.
Pola súa banda, a deputada de Cultura, Natividade González, reivindicou a cultura como un dereito fundamental e como unha ferramenta de transformación social, cohesión territorial e progreso colectivo.
Entre as persoas e entidades distinguidas nesta edición figuran Mala Herba Producións e Illa Bufarda, no Premio Begoña Caamaño á acción cultural pola igualdade de xénero; D-Due, no Premio Luis Seoane de Deseño; Ángela Andrada, Borja Casal Fraga e Margarita Ledo Andión, no Premio José Gil de Cinema en Galego;
Tamén Regina Giménez, no Premio Jesús Núñez de Arte Gráfica; Juan da Quintana, no Premio Luis Ksado de Creación Fotográfica; e Ana Gesto Beiroa, no Certame de Arte Isaac Díaz Pardo.
A relación de premiadas e premiados complétase con Estro Montaña e Pablo Escudero Abenza, gañadores do Premio Torrente Ballester de Narrativa; Manuel Barreiro e Elías Taño, xunto con Giovanna Lopalco, no Premio Castelao de Banda Deseñada; Xosé Manoel Núñez Seixas, no Premio Manuel Murguía de Ensaio;
Na lista figuran tamén Antía Yáñez Rodríguez, no Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil; Gael Ares, Emma Pérez e Candela Caamaño, no concurso Quero Cantar; Aitor Vázquez Torres, no Premio Internacional Andrés Gaos de Composición Musical; e Belém Tajes, no Concurso Fran Pérez 'Narf' para grupos e artistas musicais.