Galaxia, a adega Martín Códax ou a Bienal de Pontevedra entre os Premios da Cultura Galega
O mestre Antón Corral, a asociación Sempre en Galicia, a Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas, a produtora Baños Films e os creadores da campaña Aquí tamén se fala completan a lista de premiados
Os distinguidos cos Premios da Cultura Galega xa teñen o seu galardón. A gala de entrega celebrouse este xoves no parador de Santo Estevo de Ribas de Sil, na Ribeira Sacra. Unha cerimonia que contou coa asistencia do presidente da Xunta.
A editorial Galaxia, a adega Martín Códax, o mestre Antón Corral, a asociación Sempre en Galicia, a Bienal de Arte de Pontevedra, a Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas, a produtora Baños Films e os creadores da campaña Aquí tamén se fala son os galardonados nas oito categorías dos Premios da Cultura Galega.
Estes galardóns recoñecen a excelencia creativa e a traxectoria de persoeiros e iniciativas que contribúen a enriquecer a identidade cultural de Galicia.