Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Supremo elimina a obriga de presentar a declaración da renda por Internet

O Supremo elimina a obriga de presentar a declaración da renda por Internet

Os maxistrados do Supremo destacan que a presentación da declaración do IRPF por medios telemáticos "debe ser un dereito, pero non unha obriga"

G24.gal 20/07/2023 14:46

O Tribunal Supremo anula a orde ministerial de Facenda que esixía a presentación da declaración do IRPF por medios electrónicos e/ou telemáticos a todos os contribuíntes, algo que é un dereito pero non unha obriga.

Nunha sentenza datada o pasado 11 de xullo a que tivo acceso EFE, a sala do contencioso admite o recurso da Asociación Española de Asesores Fiscais contra unha sentenza da Audiencia Nacional de xuño de 2021.

Os maxistrados do Supremo destacan que a orde ministerial obriga a presentar a declaración por medios telemáticos "sen determinar os supostos e condicións que xustifiquen, en atención a razóns de capacidade económica, técnica, dedicación profesional ou outros motivos, que se impoña tal obriga".

Iso impide obter a declaración e os seus correspondentes documentos de ingreso ou devolución en papel impreso, a través do servizo de tramitación do borrador ou declaración.

E a lei xeral tributaria recoñece o dereito, "que non a obriga, dos cidadáns para utilizar os medios electrónicos, e tamén o deber da Administración de promover a súa utilización".

Aos cidadáns, reitera a sentenza, recoñéceselles o dereito para relacionarse coa Administración a través de técnicas e medios electrónicos, informáticos ou telemáticos, pero "non a obriga de facelo", e "non desde logo como resultado desta norma".

O IRPF, sinalan os maxistrados, é un imposto que alcanza "a xeneralidade das persoas físicas que realicen o feito impoñible", sen distinguir ningunha condición persoal que xustifique que se impoña a obriga de declarar e liquidar por medios electrónicos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade