Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Supremo avala a rebaixa de penas coa lei do "só si é si" ao revisar o caso Arandina

O Supremo avala a rebaixa de penas coa lei do "só si é si" ao revisar o caso Arandina

Non impón os dez anos que quería o fiscal aos xogadores do Arandina porque a lei do "só si é si" permite unha pena de nove anos

O Supremo entende que a nova lei poderá aplicarse en beneficio do reo, pero analizando caso por caso e non de forma global

O TSXG defende a revisión de condenas pero estudando caso por caso

G24.gal 29/11/2022 11:49 Última actualización 29/11/2022 20:59

O Tribunal Supremo revisa o caso Arandina e opta por aplicar a lei do só si é si ao ser máis beneficiosa para os dous futbolistas condenados. Atende a petición da Fiscalia e eleva as súas penas ata os nove anos, en lugar dos dez anos que lles corresponderían coa anterior lexislación.
É a primeira vez que o alto tribunal emite unha sentenza dende que entrou en vigor a lei e matiza que se analizará caso por caso e non de forma global.
 "Esta sentenza pode indicarnos por onde vai ir a xurisprudencia, pero tendo en conta, e iso é moi importante, que hai que facer unha análise pormenorizada de cada situación de revisión", asegura o avogado Evaristo Nogueira

O Partido Popular insiste en que a aplicación da lei do só si é si beneficia os agresores e piden a súa inmediata derrogación. O coordinador xeral do PP, Elías Bendodo, di que o Goberno ten que derogar a lei, cesar a ministra de Igualdade e pedir perdón aos españois.
O Goberno pide tempo para analizar a sentenza. A ministra de Xustiza non aclara se modificarán o texto pero defende a súa aplicación.

"Quero poñer en valor a lei, di a ministra de Xustiza, Pilar Llop, porque o que fai é cambiar todo un modelo de politica criminal sobre os delictos contra a liberdade sexual".

Tras coñecer a sentenza, a ministra de Igualdade, Irene Montero, prefire poñelo acento en que coa lei do só si é si, o caso Arandina non é abuso, é agresión, e permitiu elevarlles a pena.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade