Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
		Rubén Albés confirma un caso de covid no Lugo
O técnico pide 3 fichaxes para reforzar o cadro de xogadores
                            G24.gal
                        
                            30/12/2021 10:58
                        
                        
                        
                        
                    
                    O Lugo visita o Molinón esta vixésimo segunda xornada. O club informaba 24 horas atrás da detección de dous positivos, un xogador e un auxiliar do corpo técnico. En total eran tres os futbolistas apartados na volta ao traballo.
Pero hoxe Rubén Albes falou dese partido contra o Sporting, no que todo é incertidume. Hai un novo caso de covid e xogadores que esta mañá acabaron con molestias. Para os reis, ademais da recuperación o técnico pide 3 fichaxes.