Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Deportivo presenta as súas novas camisetas: "120 anos sen dar nada por sentado"

O Deportivo presenta as súas novas camisetas: "120 anos sen dar nada por sentado"

O equipo xogará como local coa clásica camiseta branquiazul que mostrou a través dun vídeo de Miguel Loureiro, Samu Fernández e Eva Dios na Torre de Hércules

G24.gal 03/07/2026 11:19 Última actualización 03/07/2026 11:23

O Deportivo deu a coñecer ás 19.06 horas deste xoves o primeiro equipamento coa que competirá a próxima tempada. O club anunciou cales serán os deseños que lucirá o equipo de Antonio Hidalgo no curso do regreso á elite do fútbol español, que coincide co 120 aniversario da entidade.

Como é tradición, na elástica coa que o cadro deportivista xogará en Abanca Riazor, destacan o branco e o azul. Ás dúas cores máis identificativos da entidade únenselles o logotipo de Nike (todo gris) e a publicidade dun dos principais patrocinadores, Estrella Galicia (mestura de gris e azul). O equipamento xa se pode adquirir a través da tenda en liña do Deportivo, onde saíu á venda por 89,99 euros.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade