Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Son do Camiño esgota os abonos de tres días para a edición deste ano

O Son do Camiño esgota os abonos de tres días para a edición deste ano

Os organizadores do festival, que se celebra en xuño, esperan anunciar proximamente a distribución do cartel por días e poñer á venda as entradas diarias para os espectáculos

Este ano están programadas as actuacións de artistas como Katy Perry, Linkin Park ou Dani Martín

G24.gal 10/03/2026 11:58

Os abonos de tres días para a edición deste ano do festival musical O Son do Camiño, en Santiago de Compostela, esgotáronse pouco despois da súa posta á venda, igual que ocorreu en anteriores anos, informaron este martes os organizadores.

O festival, previsto este ano do 18 ao 20 de xuño, converteuse nun dos máis exitosos da capital galega e atrae anualmente a público de varios puntos da Península Ibérica.

Este ano están programadas as actuacións de artistas como Katy Perry, Linkin Park, Dani Martín, Biffy Clyro, Lola Índigo, Afrojack, Guitarricadelafuente ou Sen Senra.

Os organizadores do Son do Camiño esperan anunciar proximamente a distribución do cartel por días e poñer á venda as entradas diarias para os espectáculos.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade