Linkin Park, segundo cabeza de cartel confirmado para O Son do Camiño 2026
Será a primeira actuación en Galicia da banda estadounidense

O grupo Linkin Park foi confirmado este mércores como segundo cabeza de cartel para o festival O Son do Camiño 2026, a primeira actuación en Galicia da banda estadounidense.
Segundo informa a organización, será unha "actuación exclusiva" nun festival en España en 2026 e que se poñerá á venda tras esgotar 60.000 entradas nunha hora nos seus dous concertos de Madrid do próximo mes de xuño.
🔥 LINKIN PARK: SEGUNDA GRAN CONFIRMACIÓN DE #OSDC26 🔥
— O Son Do Camiño (@OSonDoCamino) October 15, 2025
E si… será o seu único festival en España en 2026! 🤯
🎡 VENDA DE ABONOS: VENRES ÁS 12H 🎡 pic.twitter.com/BFI9d5M3VP
Esta confirmación súmase á da artista Katy Perry, que se anunciou onte por parte do festival.
Os abonos sairán á venda este próximo venres 17 de outubro ás 12 do mediodía en www.osondocamino.es.