Publicador de contidos

Publicador de contidos

O sindicato de maquinistas SEMAF advirte do risco que supón a desconexión do ERTMS entre Taboadela e Ourense

O sindicato de maquinistas SEMAF advirte do risco que supón a desconexión do ERTMS entre Taboadela e Ourense

Piden á Axencia Estatal de Seguridade Ferroviaria que rectifique o procedemento

G24.gal 28/12/2021 11:28

O sindicato de maquinistas SEMAF alerta de risco na liña de alta velocidade entre Taboadela e Ourense.

Piden á Axencia Estatal de Seguridade Ferroviaria que rectifique o procedemento de desconexión do sistema europeo de control e prevención de accidentes ERTMS neste treito polo risco que supón para a seguridade.

Ante a detección dunhas supostas deficiencias, os maquinistas recibiron a consigna de desconectarse do ERTMS en certas situacións.

O sindicato advirte que deste xeito Adif, en caso dalgún incidente, traslada toda a responsabilidade ao maquinista e ao erro humano.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade